18 maio 2023

LETRAS GALEGAS 2023!

 

Este ano, as Letras Galegas adícanse a Francisco Fernández Del Riego, que foi un grande defensor da nosa lingua e cultura, ademáis dun importante escritor e editor de obras en galego.





Nesta data tan sinalada, ademais de coñecer a vida e aportacións do homenaxeado, no colexio pensamos que o alumnado debía ter a oportunidade de demostrar o ben que dominan a lingua galega. Por iso, organizamos un pasapalabra en galego, ao que bautizamos como "Xogalízate".

Os "roscos" situáronse no Salón de Actos do centro, e o profesorado recibiu unha batería de preguntas para cada unha das letras do alfabeto galego (cun nivel de dificultade adaptado aos diferentes cursos). 






Cada unha das aulas dividiuse en dous equipos para concursar no "Xogalízate", pero só un deles pasaría á ronda final... 
O que quedou claro, é que todos e todas o pasaron xenial!








Mañá, día 19 de maio, celebrarase a final do "Xogalízate" na que o alumnado xogará cos nenos e nenas das outras aulas...

¿qué pasará?

...


Mentres tanto, nas aulas de Educación Infantil, tamén o pasaban "pipa" co seu propio "Xogalízate"... e os resultados foron moi positivos! Dádelle a play a este vídeo e observade...






GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!