03 abril 2024

DÍA DAS ARTES GALEGAS

 Este 1 de abril coincidiu cas vacacións de Semana Santa, pero non nos esquecemos de celebralo á volta!


Achegamos ás aulas un material audiovisual con información sobre o autor homenaxeado... Francisco Asorey!



Preme aquí para acceder ao material!


Tamén propuxemos un reto moi interesante, para quen lle apeteza... 







...trátase de recrear dúas das obras máis importantes de Francisco, e que máis representan a nosa cultura: "Naiciña" e "Tesouro". Poden facelo co soporte e materiais que consideren: pinturas, papel maché, deseños para a impresora 3D... imaxinación ao poder!




04 marzo 2024

PRODUCIÓNS DO ALUMNADO DE PRIMARIA- ROSALÍA DE CASTRO

 O alumnado de Educación Primaria sorprendeunos cuns traballos chulísimos, e moi creativos, sobre a nosa autora homenaxeada....

O alumnado de 1º, ademais duns marabillosos retratos de Rosalía, elaborou un podcast na radio do centro recitando a poesía "Miña casiña, meu lar"...



Preme aquí para escoitar o podcast!


O alumnado de 2º,3º e 4º, pola súa banda, quixeron adornar os corredores cos seus orixinais traballos... a través dos cales desenvolveron, sen dúbida, a súa creatividade!


Poesías escritas polo alumnado de 2º de Primaria






Liña do tempo da vida de Rosalía elaborada polo alumnado de 3º de Primaria





                                                    Versións dalgúns poemas de Rosalía 
                                             elaboradas polo alumnado de 4º de Primaria


Ademais, moitos/as quixeron tamén deixar constancia na radio "Laretas" das súas poesías versionadas...




Os alumnos/as de 5º de Primaria, que investigaron moito sobre Rosalía, cóntannos tamén no seu propio podcast alguhas cousiñas moi interesantes sobre ela...



MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E A TODAS!💖

23 febreiro 2024

DÍA DE ROSALÍA- 23 DE FEBREIRO DE 2024

 Dende o EDLG deseñouse un material audiovisual para que o alumnado do cole pudera achegarse un pouquiño máis á vida de Rosalía de Castro.


Os nenos e nenas de Educación Infantil experimentaron, pois, dun xeito interactivo, cun poema musicado de Rosalía de Castro, extraído do traballo "Rosalía Pequeniña" da editorial Galaxia

Preme aquí para acceder ao material!






Ademáis, como artistas que son, decoraron uns preciosos retratos de Rosalía, que expuxeron nos corredores...



... e recibiron unha visita moi especial! O alumnado de 1º de Educación Primaria recitoulles un poema de Rosalía titulado "Miña casiña, meu lar"






Pola súa banda, o alumnado de Educación Primaria, tamén desfrutou aprendendo sobre a autora homenaxeada...

Preme aquí para acceder ao material!





...e algúns, díxome un paxariño, que andan argallando traballiños ben xeitosos; agardamos impacientes!


GRAZAS ROSALÍA!

... e grazas a todos/as polo traballo realizado!








15 febreiro 2024

O ENTROIDO 2024 DEIXOU PEGADA NO RICARDO TOBÍO!

Para festexar o Entroido, dacordo co proxecto anual do centro "Os 50 anos do CEIP Ricardo Tobío", recompilamos fotos que amosan como se celebraba esta data tan especial no pasado do noso colexio...


Como se pode observar, debaixo desta exposición de fotografías antigas, o alumnado colocou fotos que se foron sacando durante a semana do Entroido cunha cámara instantánea. Que ben o pasaron ca cantidade de complementos que había no "photocall"! Caretas, garabatas, perrucas, coroas, sombreiros, gafas...





A nosa "Miguiña", por suposto, levou a voz cantante cos "mandadiños", que animaron a todos/as a lucir diversos complementos...




Pero as personaxes tradicionais do Entroido galego non podían faltar... coñecedes algunha?


Sen esquecer as do noso concello, que por sorte e grazas ao traballo de moitos/as, estanse a recuperar!


Pero nestes Entroidos nosos, non pode faltar a música... gaitas, pandeiros, bombos e pandeiretas nos acompañaron o venres 9 de febreiro da man dos nenos/as e adultos/as das agrupacións locais "Agrocovo" e "Xeitura". Sempre é un gusto contar con eles/as, que animaron a festa a pesares da chuvia!





MOITÍSIMAS GRAZAS!



06 novembro 2023

DESPOIS DE MOITOS ANOS... CELEBRAMOS O MAGOSTO!


 Grazas ás mamás da ANPA que viñeron a colaborar puidemos asar castañas para todos e todas! Canto traballiño levaron...



Así, no recreo comemos as castañas, mentres nos preparábamos para a sorpresa que nos agardaba máis tarde no salón de actos... 







...nada máis e nada menos que unha actuación dos/as artistas das agrupacións AGROCOVO e XEITURA!

Dende os máis pequerrechos/as...




Ata os/as maiores... pasando polos medianos/as...!








Incluso tivemos a sorte de contar con adultos da agrupación Agrocovo!




Moitísimas gracias a todos/as pola vosa colaboración!!!!