11 decembro 2022

CHEGOU O NADAL!

 O Apalpador veu de visita ao cole para recordarnos tradicións de Nadal propias da nosa terra, e tamén algunhas palabriñas en galego relacionadas con estas datas tan especiais para os nenos e nenas.



Ademáis, deixounos de agasallo panxoliñas en galego que podemos escanear a través dos CÓDIGOS QR! Este Apalpador éche moi moderno...




Na Pedra do Cadro, o esquío Meixelas tamén colocou unha árbore de Nadal, o problema é que non tiña adornos. Por iso, pediu aos nenos e nenas do cole que elaboraran algúns; iso sí, con materiais de refugallo!


Quedou abraiada co resultado... a árbore quedou preciosa tan só reciclando lixo e botándolle imaxinación!



GRAZAS E BO NADAL!

29 novembro 2022

UN CONTO COLABORATIVO

 

Os nenos e nenas do cole non deixan de sorprendernos...


Como viron que na Pedra do Cadro pasaban moitas cousas (e non todas boas!) decidiron, entre todos e todas, contar unha historia cunha mensaxe moi clara...


Vexamos cómo quedou...





Portada e inicio da historia




Páxinas elaboradas polo alumnado de Educación Infantil C



Páxinas elaboradas polo alumnado de Educación Infantil B



Páxinas elaboradas polo alumnado de 1º de Educación Primaria




Páxinas elaboradas polo alumnado de 2º de Educación Primaria



Páxinas elaboradas polo alumnado de 3º de Educación Primaria




Páxinas elaboradas polo alumnado de 4º de Educación Primaria



Páxinas elaboradas polo alumnado de Educación Infantil A




Páxinas elaboradas polo alumnado de 5º de Educación Primaria




Páxinas elaboradas polo alumnado de 6º de Educación Primaria

Estas nenas e nenos teñen moi clara a solución...


RESIDUOS CERO!!!!





GRAZAS A TOD@S OS QUE FIXÉCHEDES POSIBLE ESTE CONTO


24 novembro 2022

ADIVIÑA ADIVIÑANZA...

 O outono ven cargado de ADIVIÑAS do máis divertido! 






Hai que meter no BUZÓN a resposta ás 4 adiviñas... 

ALGUÉN ACERTARÁ?

























28 outubro 2022

SAMAÍN 2022!

Para festexar o SAMAÍN, o cole encheuse de pantasmas, bruxas, telarañas, esqueletos... e por suposto PRECIOSAS cabazas que trouxeron os nenos e nenas! 







A Pedra do Cadro tamén metía medo!!! 



Ademáis, houbo disfraces verdadeiramente TERRORÍFICOS...








GRAZAS a todos e todas!! O próximo curso máis e, se cabe, mellor!!!!



26 outubro 2022

QUÉ PASOU NA PEDRA DO CADRO...?

 Os nenos e nenas do cole estamos moi disgustados porque, aos pouquiños, a nosa preciosa Pedra do Cadro foi transformándose nun basureiro... Cada día cando chegábamos ao cole había novos restos de lixo, polo que os animais ían desaparecendo...










Isto empeza a parecer un pesadelo de  SAMAÍN...  Meixelas observa horrorizada o panorama, o monte cheira tan mal que ata tivo que poñer máscara!

QUÉ FOI O QUE PROVOCOU SEMELLANTE DESASTRE?

Non podemos quedar cos brazos cruzados! Comezaremos a investigar...