31 marzo 2023

DÍA DAS ARTES GALEGAS

 Hoxe, en conmemoración das artes galegas, tivemos a gran sorte de recibir no noso cole ás mulleres da asociación "A Portela Vella". Elas, co seu enorme traballo e esforzo, contribúen a preservar o noso patrimonio, e hoxe así llo transmitiron aos nosos alumnos e alumnas.

Os coñecidos "sancosmeiros" elaborábanse tradicionalmente nos fogares galegos para facilitar o traballo das mulleres no campo, no marisqueo...etc. Están feitos con palla e, ao coselos, imprégnanse con cera de abella para que sexan resistentes á chuvia. Ademáis, por suposto, protexen do sol e facilitan a carga de elementos sobre a cabeza, xa que a copa ou "tampo" ten as dimensións e forma perfectas. Dise tamén que ese lazo tradicionalmente negro que colga dos "sancosmeiros", no seu momento, máis que unha labor estética, tiña a de espantar as moscas durante a faena. 




Como vedes, estes sombreiros non só son preciosos, senon que resultaron sempre sumamente prácticos. Sen embargo, é inimaxinable o traballo que hai detrás de cada un deles. Hoxe, a través de fotografías reais, explicáronos todo o proceso dende que sementan o centeo e o trigo; déixano medrar, recollen a palla, póñena a secar, escóllena e sepárana por tamaños (xa que as diferentes partes do sombreiro elabóranse con palla de distintos tamaños). Para poder trenzar, a palla debe estar humedecida. Trenzar cada un dos sombreiros pode levar unhas 42 horas, nada máis e nada menos...! Por suposto, con ese mesmo trigo ou centeo, tamén elaboran pan... aprovéitase todo!




Despois de contarnos todo o proceso e a historia dos "sancosmeiros", pasamos á acción; por grupiños, os nenos e nenas colocábanse ao redor das artesás e, palla en man, intentaban imitar os seus movementos e aprender os patróns. A pesar do complicado que é ao principio, explicábano con tanto cariño e paciencia que a maioría do alumnado estivo moi concentrado na tarefa, intentándoo as veces que fixera falla, e moitos/as fixeron grandes avances! O problema foi o tempo, que se nos quedou moi curto, por iso esperamos telas de volta nalgunha outra ocasión para seguir aprendendo.












GRAZAS de corazón!

10 marzo 2023

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL CHEGAN ATA SANTIAGO DE COMPOSTELA!

 Ao inicio do curso, acordouse cas mestras de 4º de Educación Infantil do CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela) realizar algúns intercambios co alumnado de Educación Infantil do noso cole.

No primeiro trimestre, os nenos e nenas do López Ferreiro enviáronnos este marabilloso vídeo felicitando o Nadal, tal e como podedes ver no seguinte enlace:


https://edlglopezferreiro.blogspot.com/2022/12/colaboracion-ceip-lopez-ferreiro-ceip.html


Os nenos e nenas de Infantil do Ricardo Tobío quixeron aproveitar o traballo que fixeron polo Día de Rosalía para enviarlles tamén outro vídeo chulísimo, baseado no libro "Parece unha rosa" (Editorial "Espiral maior").


MOITAS GRAZAS A TOD@S POLO VOSO TRABALLO,

AGARDAMOS SEGUIR COMPARTINDO!

O ALUMNADO DE SEGUNDO DE EDUCACIÓN PRIMARIA RECITANDO O POEMA "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES" DE ROSALÍA DE CASTRO



 


GRAZAS E NORABOA!

O ALUMNADO DE SEXTO RECITA O POEMA "HAS DE CANTAR" DE ROSALÍA DE CASTRO

 



GRAZAS E NORABOA!

ROSALÍA DE CASTRO SÍ QUE DA XOGO!

 Tal e como imaxinábamos, os nenos e nenas do cole fixeron uns traballazos cos poemas de Rosalía, cada un á súa maneira!

O alumnado de 1º de Educación Primaria, para que vexamos o ben que están aprendendo a escribir, colgaron no corredor, xunto ao mural de Rosalía, estas creacións:





O alumnado de 4º e 3º de Educación Primaria, por outra banda, decidiron sorprendernos utilizando a técnica ZENTANGLE cos poemas traballados...







Así de bonitiño deixaron o corcho! 



Pero isto non é todo... outras aulas decidiron elaborar vídeos recitando os poemas, verémolo nas vindeiras entradas do blog!


GRAZAS A TOD@S