23 febreiro 2024

DÍA DE ROSALÍA- 23 DE FEBREIRO DE 2024

 Dende o EDLG deseñouse un material audiovisual para que o alumnado do cole pudera achegarse un pouquiño máis á vida de Rosalía de Castro.


Os nenos e nenas de Educación Infantil experimentaron, pois, dun xeito interactivo, cun poema musicado de Rosalía de Castro, extraído do traballo "Rosalía Pequeniña" da editorial Galaxia

Preme aquí para acceder ao material!






Ademáis, como artistas que son, decoraron uns preciosos retratos de Rosalía, que expuxeron nos corredores...



... e recibiron unha visita moi especial! O alumnado de 1º de Educación Primaria recitoulles un poema de Rosalía titulado "Miña casiña, meu lar"






Pola súa banda, o alumnado de Educación Primaria, tamén desfrutou aprendendo sobre a autora homenaxeada...

Preme aquí para acceder ao material!





...e algúns, díxome un paxariño, que andan argallando traballiños ben xeitosos; agardamos impacientes!


GRAZAS ROSALÍA!

... e grazas a todos/as polo traballo realizado!








15 febreiro 2024

O ENTROIDO 2024 DEIXOU PEGADA NO RICARDO TOBÍO!

Para festexar o Entroido, dacordo co proxecto anual do centro "Os 50 anos do CEIP Ricardo Tobío", recompilamos fotos que amosan como se celebraba esta data tan especial no pasado do noso colexio...


Como se pode observar, debaixo desta exposición de fotografías antigas, o alumnado colocou fotos que se foron sacando durante a semana do Entroido cunha cámara instantánea. Que ben o pasaron ca cantidade de complementos que había no "photocall"! Caretas, garabatas, perrucas, coroas, sombreiros, gafas...





A nosa "Miguiña", por suposto, levou a voz cantante cos "mandadiños", que animaron a todos/as a lucir diversos complementos...




Pero as personaxes tradicionais do Entroido galego non podían faltar... coñecedes algunha?


Sen esquecer as do noso concello, que por sorte e grazas ao traballo de moitos/as, estanse a recuperar!


Pero nestes Entroidos nosos, non pode faltar a música... gaitas, pandeiros, bombos e pandeiretas nos acompañaron o venres 9 de febreiro da man dos nenos/as e adultos/as das agrupacións locais "Agrocovo" e "Xeitura". Sempre é un gusto contar con eles/as, que animaron a festa a pesares da chuvia!





MOITÍSIMAS GRAZAS!