28 outubro 2022

SAMAÍN 2022!

Para festexar o SAMAÍN, o cole encheuse de pantasmas, bruxas, telarañas, esqueletos... e por suposto PRECIOSAS cabazas que trouxeron os nenos e nenas! 







A Pedra do Cadro tamén metía medo!!! 



Ademáis, houbo disfraces verdadeiramente TERRORÍFICOS...








GRAZAS a todos e todas!! O próximo curso máis e, se cabe, mellor!!!!



26 outubro 2022

QUÉ PASOU NA PEDRA DO CADRO...?

 Os nenos e nenas do cole estamos moi disgustados porque, aos pouquiños, a nosa preciosa Pedra do Cadro foi transformándose nun basureiro... Cada día cando chegábamos ao cole había novos restos de lixo, polo que os animais ían desaparecendo...










Isto empeza a parecer un pesadelo de  SAMAÍN...  Meixelas observa horrorizada o panorama, o monte cheira tan mal que ata tivo que poñer máscara!

QUÉ FOI O QUE PROVOCOU SEMELLANTE DESASTRE?

Non podemos quedar cos brazos cruzados! Comezaremos a investigar...


18 outubro 2022

A PEDRA DO CADRO

 ¿¿Cómo pode ser??  

¡¡A Pedra do Cadro, un lugar moi emblemático en Esteiro, trasladouse ao noso cole!! 



Cos seus piñeiros, carballos, piñas, flores... e por suposto moitísimos animais que, polo que levamos observado nestes días, andan a cambiar de sitio todo o tempo!!! ¿Será que aproveitan pola noite, cando ninguén os ve, para facer falcatruadas?








O noso amigo MEIXELAS, por suposto, uniuse sen pensalo á festa... baixou da póla e atopou un precioso fogar cheo de amigas e amigos!




13 outubro 2022

MEIXELAS, O ESQUÍO

Os nenos e nenas do cole moito lle dan á cabeza... meteron MOITÍSIMOS nomes para o esquío no buzón!!! Por iso levou bastante tempo contalos todos para ver cal fora o máis votado, e finalmente, por fin, xa o temos... 


MEIXELAS


O esquío púxose tan contento que ata subiu a unha póla!

¡¡¡GRAZAS A TODOS E TODAS!!!

09 outubro 2022

QUÉN ANDA AÍ?

 









Nada máis iniciar o curso, un día calquera e sen que ninguén o esperara, pasou algo bastante raro no noso cole; cando entramos pola mañá, atopámonos con rastros que semellaban ser dalgún animal que estivera facendo trastadas mentres non había ninguén. Había restos de piñas e landras roídas, follas de piñeiro, e incluso atopamos pequenas pegadas!!! 

Rapidamente, os alumnos e alumnas puxeron a traballar as súas cabezas para averiguar quén puidera ser o que fixera esa desfeita; algúns dicían que fora un coello, outros que un rato... ata había quen pensaba que podía ser un xabarín! Pero moi pronto saímos de dúbidas, xa que ao luns seguinte aquel misterioso animal presentouse ante todos e todas, e ata nos escribiu unha carta explicando o que pasara...





Era, nin máis nin menos, que un esquío!!! Todos e todas estábamos encantados de que quedara a vivir no cole, e comezamos a meter no buzón os nomes que máis nos gustaban... cal sairá gañador??? Moi pronto o saberemos!