Grazas ás mamás da ANPA que viñeron a colaborar puidemos asar castañas para todos e todas! Canto traballiño levaron...
Así, no recreo comemos as castañas, mentres nos preparábamos para a sorpresa que nos agardaba máis tarde no salón de actos...
...nada máis e nada menos que unha actuación dos/as artistas das agrupacións AGROCOVO e XEITURA!
Dende os máis pequerrechos/as...
Ata os/as maiores... pasando polos medianos/as...!
Incluso tivemos a sorte de contar con adultos da agrupación Agrocovo!
Moitísimas gracias a todos/as pola vosa colaboración!!!!