O alumnado de Educación Primaria sorprendeunos cuns traballos chulísimos, e moi creativos, sobre a nosa autora homenaxeada....
O alumnado de 1º, ademais duns marabillosos retratos de Rosalía, elaborou un podcast na radio do centro recitando a poesía "Miña casiña, meu lar"...
Preme aquí para escoitar o podcast!
O alumnado de 2º,3º e 4º, pola súa banda, quixeron adornar os corredores cos seus orixinais traballos... a través dos cales desenvolveron, sen dúbida, a súa creatividade!
Poesías escritas polo alumnado de 2º de Primaria
Liña do tempo da vida de Rosalía elaborada polo alumnado de 3º de Primaria
Versións dalgúns poemas de Rosalía
elaboradas polo alumnado de 4º de Primaria
Ademais, moitos/as quixeron tamén deixar constancia na radio "Laretas" das súas poesías versionadas...
Os alumnos/as de 5º de Primaria, que investigaron moito sobre Rosalía, cóntannos tamén no seu propio podcast alguhas cousiñas moi interesantes sobre ela...
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E A TODAS!💖
Ningún comentario:
Publicar un comentario