O Apalpador veu de visita ao cole para recordarnos tradicións de Nadal propias da nosa terra, e tamén algunhas palabriñas en galego relacionadas con estas datas tan especiais para os nenos e nenas.
Na Pedra do Cadro, o esquío Meixelas tamén colocou unha árbore de Nadal, o problema é que non tiña adornos. Por iso, pediu aos nenos e nenas do cole que elaboraran algúns; iso sí, con materiais de refugallo!
Quedou abraiada co resultado... a árbore quedou preciosa tan só reciclando lixo e botándolle imaxinación!
GRAZAS E BO NADAL!
Ningún comentario:
Publicar un comentario