Rapidamente, os alumnos e alumnas puxeron a traballar as súas cabezas para averiguar quén puidera ser o que fixera esa desfeita; algúns dicían que fora un coello, outros que un rato... ata había quen pensaba que podía ser un xabarín! Pero moi pronto saímos de dúbidas, xa que ao luns seguinte aquel misterioso animal presentouse ante todos e todas, e ata nos escribiu unha carta explicando o que pasara...
Era, nin máis nin menos, que un esquío!!! Todos e todas estábamos encantados de que quedara a vivir no cole, e comezamos a meter no buzón os nomes que máis nos gustaban... cal sairá gañador??? Moi pronto o saberemos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario