21 maio 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

 Para pechar a Semana das Letras Galegas, o xoves 16 de maio tivemos a sorte de recibir dúas visitas moi especiais no colexio...


O alumnado de Educación Infantil e do 1º e 2º ciclo de Educación Primaria desfrutou do espectáculo "Brincadeiras da lingua" da agrupación teatral "Migallas Teatro", actividade organizada polo equipo de biblioteca do centro... 





...as risas, cantos e entusiasmo do alumnado estuveron garantizados!

Mentres, o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria experimentou cun obradoiro de escrita creativa baseado na elaboración de regueifas, impartido por unha persoa experta do colectivo "Erre que Erre, Regueifa Rabuda" (Asociación Cultural "ORAL"). Neste caso o desfrute por parte da rapazada tamén foi indiscutible, e tanto o alumnado como os mestres participantes non tuveron máis que adxectivos positivos para a actividade!







GRAZAS a Xanhe e a Migallas Teatro!



15 maio 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

 O martes 14 de maio, para continuar ca celebración da Semana das Letras Galegas, tivemos a sorte de recibir no noso centro a unha agrupación teatral moi especial...



...alumnos e alumnas de todos os cursos representaron o espectáculo "O espantallo", unha preciosa e orixinal obra que namorou a todos e todas.









Millóns de gracias á ANPA do colexio e á A.C. "O XEITO" polo seu marabilloso traballo!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

 Por fin, chegou a Semana das Letras Galegas, que este ano se lle adica á escritora e violinista Luisa Villalta.

No colexio, a semana está repleta de actividades!

O luns, colocamos unha serie de actividades ou "retos" en diferentes zonas do centro, para achegar ao alumnado á autora homenaxeada e, por suposto, á lingua galega.

No taboleiro de Dinamización da Lingua Galega, colocamos información sobre Luisa Villalta, así coma diversas actividades impresas para todos os niveis.




Xunto ao taboleiro, comeza o primeiro "reto"...



Serán capaces de resolver os puzzles? Algún é ben complicado!


O segundo "reto" colocouse na biblioteca...








...xogando, iremos aprendendo cousiñas sobre a vida e obra de Luisa Villalta!


No corredor de Educación Infantil, podemos atopar o terceiro "reto", que consiste en recompilar ditos e refráns propios da tradición oral galega. Os máis pequenos do cole xa comezaron colgando algúns polas paredes, e o obxectivo é que o alumnado dos diferentes cursos vaia engadindo outros novos ao longo da semana!





O último "reto" ten como obxectivo que o alumnado experimente ca poesía e ca rima en galego. Para iso, no recuncho correspondente poden atopar dous xogos.



O primeiro, para os máis pequenos, trátase de emparellar os debuxos que riman.


O segundo, de maior nivel de dificultade, trátase de que o alumnado lea diferentes fragmentos de poemas de Luisa Villalta aos cales lles falta o último verso, para despois imaxinar ou inventar eses finais. Os versos finais orixinais dos poemas poderán atopalos nunha caixa, para poder comparalos posteriormente cos que eles/as escribiron. Anímaselles, ademais, a que peguen na parede os versos que escribiron.




Agora, A XOGAR!