21 maio 2024

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

 Para pechar a Semana das Letras Galegas, o xoves 16 de maio tivemos a sorte de recibir dúas visitas moi especiais no colexio...


O alumnado de Educación Infantil e do 1º e 2º ciclo de Educación Primaria desfrutou do espectáculo "Brincadeiras da lingua" da agrupación teatral "Migallas Teatro", actividade organizada polo equipo de biblioteca do centro... 





...as risas, cantos e entusiasmo do alumnado estuveron garantizados!

Mentres, o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria experimentou cun obradoiro de escrita creativa baseado na elaboración de regueifas, impartido por unha persoa experta do colectivo "Erre que Erre, Regueifa Rabuda" (Asociación Cultural "ORAL"). Neste caso o desfrute por parte da rapazada tamén foi indiscutible, e tanto o alumnado como os mestres participantes non tuveron máis que adxectivos positivos para a actividade!







GRAZAS a Xanhe e a Migallas Teatro!



Ningún comentario:

Publicar un comentario