Por fin, chegou a Semana das Letras Galegas, que este ano se lle adica á escritora e violinista Luisa Villalta.
No colexio, a semana está repleta de actividades!
O luns, colocamos unha serie de actividades ou "retos" en diferentes zonas do centro, para achegar ao alumnado á autora homenaxeada e, por suposto, á lingua galega.
No taboleiro de Dinamización da Lingua Galega, colocamos información sobre Luisa Villalta, así coma diversas actividades impresas para todos os niveis.
Xunto ao taboleiro, comeza o primeiro "reto"...
Serán capaces de resolver os puzzles? Algún é ben complicado!
O segundo "reto" colocouse na biblioteca...
...xogando, iremos aprendendo cousiñas sobre a vida e obra de Luisa Villalta!
No corredor de Educación Infantil, podemos atopar o terceiro "reto", que consiste en recompilar ditos e refráns propios da tradición oral galega. Os máis pequenos do cole xa comezaron colgando algúns polas paredes, e o obxectivo é que o alumnado dos diferentes cursos vaia engadindo outros novos ao longo da semana!
O último "reto" ten como obxectivo que o alumnado experimente ca poesía e ca rima en galego. Para iso, no recuncho correspondente poden atopar dous xogos.
O primeiro, para os máis pequenos, trátase de emparellar os debuxos que riman.
O segundo, de maior nivel de dificultade, trátase de que o alumnado lea diferentes fragmentos de poemas de Luisa Villalta aos cales lles falta o último verso, para despois imaxinar ou inventar eses finais. Os versos finais orixinais dos poemas poderán atopalos nunha caixa, para poder comparalos posteriormente cos que eles/as escribiron. Anímaselles, ademais, a que peguen na parede os versos que escribiron.
Agora, A XOGAR!